martes, 24 de enero de 2012

SAÍDA ALIMENTACIÓN

Esta mañá realizamos unha visita, xunto coas escolas de Rorís e Larín e as súas mestras, Ana, Carmen e Ana Cruz,  ó centro ocupacional de Vilarroris, onde as cociñeiras e cociñeiro nos ensinaron como facer unha pizza.

Tamén nos explicaron a importancia de ter unha alimentación saudable facendo fincapé no almorzo de primeira hora da mañá.


Falamos dos ingredientes necesarios para a elaboración da pizza, da mozzarella de búfala, do tempo e a temperatura de cocción.

Pasámolo moi ben e traballamos moito. Agasaiáronnos cuns delantais e nos deixaron traer a nosa pizza para cocer e comer na casa.

Moitas grazas a todas as persoas que participaron, en especial a Mili e tamén ó noso conductor Manolo, que nos puxo todalas cancións que lle pedimos.

Premede na imaxe para ver a presentación e...
Bo proveito!

 

3 comentarios:

Susana Naveira dijo...

MMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM Que rico!!!! Xa me diredes como estaban as vosas pizzas!!!! Un bico enorme para todos vos. Susana.

Susana Naveira dijo...

MMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM Que ricas deben estar as vosas pizzas!!! Xa me contaredes!!! Un bico enorme para todos vos!!

Noa Caamaño dijo...

Riquíiiiiiisssiiimassss, din que están. Moitas grazas e un bico enorme. Cando queiras dámosche a receita!