martes, 6 de marzo de 2012

CHARLA SOBRE O RÍO MANDEO


Esta mañá viñeron a visitarnos Verónica e Manuel , para explicarnos un traballo de sensibilización que están a facer dende a Deputación da Coruña. Contáronnos a historia dun merliño chamado Rieiro, que nos achegaba á vida do río e nos concienciaba da importancia da conservación do medio e, especialmente do ecosistema dos ríos. Tamén nos falaron dos diferentes usos da auga e de como intentar reducir a contaminación. Nós, entre outras moitas cousas, explicámoslles o que sabiamos da auga relacionadas co noso primeiro proxecto, sobre o tempo meteorolóxico. De onde viña a auga dos ríos e dos mares, cales eran os tipos de precipitacións que caían, a súa medición cos pluviómetros, como se formaban as nubes ou de onde viña o vapor e tamén, dunhas novas que estivemos a traballar estes días, a través do xornal relacionadas coa sequía e como nos afecta.



música: Yann Tiersen. Á quai.

Moitas grazas !

Deixo tamén as ligazóns para visitar a Páxina do Proxecto do Río Mandeo , máis algo de información sobre os merlos.
http://www.riomandeo.com/

http://gl.wikipedia.org/wiki/Merlo

No hay comentarios: