lunes, 19 de marzo de 2012

PROXECTO CASAS

Boas! primeiro felicitar a todolos pais por querer e coidar tanto das súas fillas e fillos, sobre todo por face-lo tan ben.
Segundo, contarvos que estamos a comezar un novo proxecto relacionado coa arquitectura. Despois da asamblea realizada a semana pasada para decidilo, prouxeron coñecer as casas tradicionais doutros países e tamén como eran as casas antigamente, especialmente onde nós vivimos pero tamén noutros lugares como a antiga Roma.
Para comezar, imos traballar un pouco as partes das casas, os materiais con que se realizan.
Hoxe estivemos pensando cales poderían ser as fontes de información para realizar o proxecto e anotamos algúns recursos que sería interesantes ver na clase como por exemplo: unha fotografía da súa casa, algún plano, recortes de revistas ou xornais onde se fale de arquitectura ou de construccións tradicionais. Elas e eles tamén propuxeron anotar algunha nova da radio ou televisión que poida resultar interesante.
Podedes mandar en papel ou quen queira, ó correo electrónico da escola.
Moitas grazas por adiantado!



No hay comentarios: