jueves, 19 de abril de 2012

CASAS DO MUNDO: TURQUÍA

Esta mañá, vendo o blogue, decatáronse de que onte incluín unha foto no meu perfil. Estivemos deliberando acerca de onde estaría realizada esa fotografía xa que parecía unha paisaxe xeada máis eu estaba en traxe de baño.
Finalmente lles contei que fora en Pamukkale, en Turquía, que é unha República.
Aí vai algunha información sobre este enorme país que ten como capital Akara, no sur e no norte unha das cidades máis importantes do mundo, Estambul ou Istanbul.
A lingua que máis se emprega é o turco.
Nesta preciosa cidade atópanse centos de mezquitas e é moi interesante estar alí nunha das 5 chamadas diarias á oración (ou adhan)que realiza o Iman dende minarete da mezquita o para as persoas de crenza musulmana xa que se escoitan todas a un tempo.


 Tamén é moi interesante pensar que este país pertence a 2 continentes, Europa e Asia, xa que o estreito do Bósforo, por onde pasan milleros de barcos, a divide.


Outro dos lugares máis interesantes de Turquía é a Capadocia, un conxunto de construccións excavadas na rocha por civilizacións antigas e que aínda seguen habitadas.


Hai máis información sobre as palabras que están destadadas. Premede sobre elas!! 

4 comentarios:

mamà Emma dijo...

Esta é unha estupenda maneira de viaxar nos tamén. Noa, móstranos máis viaxes!!!

Noa Caamaño dijo...

Xa estou preparando Italia!! jeje.

mamá Emma e Raúl dijo...

Quen non soñou alghunha vez con viaxar a Italia?!

Noa Caamaño dijo...

Nós estivemos o verán pasado case un més de camping en camping polas cidades importantes pero, sobre todo, polos pobos e foi moi interesante.
Nada, que dentro dun par de aniños xa vos vexo en familia viaxando alí! Ademais é un país cómodo en tranquilo para viaxar así.