martes, 17 de abril de 2012

RECORTES NO ENSINO PÚBLICO

A escola pública e de calidade perde a pasos axigantados. As medidas anunciadas polo goberno fan que as clases sexan máis numerosas, os recursos sexan menos e a atención ó alumnado do ensino público sexa menos individualizada. O aumento de horas lectivas do profesorado acarrea que o profesorado estea menos especializado e preparado na súa materia xa que terá que impartir, en moitos casos, materias que non domina.

Isto tamén contribuirá a que o tipo de metodoloxía activa, participativa e experiencial, unha aprendizaxe dinámica e cooperativa sexa máis difícil de levar á práctica pola masificación dos grupos e dos espazos. Tamén hai que ter en conta que tódalas horas que leva ir planificando e reaxustando este tipo de intervención baseada nos intereses do alumnado e o traballo na súa zona de desenvolvemento próximo se faga inviable. Non sei se sabe o ministro que isto se ten que facer fóra do horario de traballo (ou non facer, que tamén é outra opción).

Voltaremos atrás, á aprendizaxe estandarizada e impersoal que discrimina a todo aquel alumnado que non se adapte a ela e o deixa fora do sistema, aumentando as taxas do fracaso escolar.

E, cos recortes, volverán os peches das escolas rurais, especialmete estas unitarias cheas de oportunidades para aprender e xogar coa pedagoxía, xunto coa limitación do profesorado especialista que xa estamos a sufrir.  Veremos tamén o aumento de desigualdades entre as nenas e nenos con familias que poidan pagar certos servizos e as que non.

Tamén é importante lembrar, que como en outros moitos casos, estase a apoiar o gasto grubernamental na subvención das escolas privadas-concertadas a través enganosas modificacións da lexislación educativa, permitindo que novos ciclos educativos poidan ser subvencionados. Aumenta anualmente o presuposto á escola privada en detrimento do gasto da educación de tod@s e para tod@s. Isto é, unha privatización encuberta.

E aínda temos que escoitar por boca do ministro que isto non afecta na calidade do ensino!

Existen moitos outros gastos neste estado español que ben se poderían recortar antes de chegarmos a isto.
Así nos vai...

É indignante que pensemos que un país vaia avanzar con medidas que incapacitan os cidadáns e cidadás presentes e futuros.

Non se trata de preparar ás persoas, ás nosas nenas e nenos,  para o futuro, senon para mellorar o futuro.

Noa.

Máis info:

http://praza.com/economia/661/os-sindicatos-ven-nos-recortes-no-ensino-un-ataque-frontal-que-instaura-o-copago/
 http://elpais.com/elpais/2012/04/17/opinion/1334688106_508914.html
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/04/16/actualidad/1334605581_317115.html
http://elpais.com/elpais/2012/04/17/opinion/1334687969_842815.html
 http://www.stegsindicato.org/ampliar.asp?id=17.
http://www.stegsindicato.org/ampliar.asp?id=1777

3 comentarios:

Susana Naveira dijo...

Aí vai o meu apoio tamén á ESCOLA PÚBLICA. Bicos para todos

Noa Caamaño dijo...

Hai que tratar informar, xa que nos medios está un pouco diluído con tanta novas importantes que están a suceder.
Hoxe conteillo na escola e se creo un grande debate, querían manifestarse! e facer pancartas! e o máis interesante foi que esas ideas xurdiron deles. Foi xenial.A verdade é que quedaron bastante indignadas imaxinándose nesta clase con moitos máis compañeiros, menos atención das profes, menos tempos, menos actividades nas que todos teñan tempo a falar e participar. En definitiva, aprender máis despacio. Incluso alguha pensou por si mesma en que si nesta escola hai tan pouco alumnado, igual podería pechar.

Ó ler o teu comentario puxéronse moi contentos e che mandan un bico enoooooorrrmeee.

mamá Emma e Raúl dijo...

A ver se temos sorte e nos conservan as escolas unitarias.....