miércoles, 30 de mayo de 2012

XARDÍN DE PLANTAS AROMÁTICAS

Esta mañá estivemos transplantando unha serie de plantas aromáticas nas xardineiras que temos no patio. O obxectivo é que coñezas algúns dos seus nomes e usos ademais de alegrarnos a vista e o olfacto!
Tamén lles fixemos os correspondentes carteis nun documento de texto que logo imprimimos.

Polo de agora temos: albaca, romeu/romeiro, tomiño, tomiño limón, herba boa, menta, alfácema/lavanda, herba luisa e ourego.


2 comentarios:

mamá Emma e Raúl dijo...

Páreceme estupendo. Xa levaban esas macetas un par de anos "sosas e aburridas". Recordo que, cando tiñan plantas, Laura e a súa mami eran as encargadas de coidalas nas vacacións.
Por algo se empeza, xardiñeiros!!!

Noa Caamaño dijo...

Pois sí decidimos darlle vida e desfrutar delas un pouco, anque xa sexa algo tarde... O tempo non chega a nada!