lunes, 28 de mayo de 2012

VISITA ARTÍSTICA

Como xa comentei, onte estiveron connosco Sonia Iglesias máis a miña irmá Iria.
Os días anteriores á visita estivemos facendo unha selección de preguntas para facerlle: Onde naceu, onde viviu, que estudou, que traballos tivo, cal é a súa personaxe favorita, si lle pon nomes ós bonecos ou como era o seu traballo foron algunhas.


Sonia estudou no colexio Ponte dos Brozos e logo tamén na Coruña na escola de artes e oficios. Estivo traballando de varias cousas, como por exemplo restauración de esculturas relixiosas.

Logo, grazas a que estudou ourivesaría- xoiería e escultura, ademais de policromía, descubríu que podería ser moi interesante, xuntar estas aprendizaxes e facer as estructuras metálicas interiores dos bonecos que logo se animarán para facer as películas en stop motion.
Soldando con lume vai facendo os esqueletes que posteriormente se meten dentro das esculturas de silicona.

Entre moitas outras persoas que traballan para facer este tipo de películas, atópanse os animadores, que encargan de ir movendo estas articulacións e fotografando cada movemento para pasar as fotos a grande velocidade até que forme un vídeo.
Sonia contounos que en cada día de traballo so se lograba crear dous segundos de película,  imaxinade canto tempo levará conseguir todo o filme!
Neste vídeo se pode ver como é o a técnica Stop Motion.


Aprobeitamos para contarlles e ensinarlles moitas das cousas que realizamos e aprendemos no Proxecto de Arte e até lle quixemos cantar a canción. Tamén as informamos dalgunhas novas sobre arte que fomos recollendo dos xornais.

Ensinámoslles algúns dos vídeos que tiñamos no blogue de stop motion e Sonia tamén nos amosou algúns dos que fixeron amigos seus, como por exemplo César Díaz, que debuxou As Tres Mellizas e tamén fixo este vídeo tan chulo con debuxos de area. A música tamén é do grupo que ten o artista.



Ou este outro, que é a animación máis pequena que do mundo, tal e como se pode comprobar ó final do vídeo.


Sonia tamén nos amosou algúns trailers das películas nas que participou.

Moitas grazas por compartir este tempo connosco e por contarnos tantas cousas interesantes sobre esa técnica e eses oficios que nos resultan tan interesantes!!






2 comentarios:

mamá Emma e Raúl dijo...

Isto sí que foi algo ben especial para a vosa escola. É unha sorte moi exclusiva; unha estupenda oportunidade para agradecer á profe e ás súas irmán e amiga. Gracias profe.

Noa Caamaño dijo...

De nada, un pracer.
Xa levaba dende o proxecto de arte pendente de traela, pero non estaba por aquí. Agora o ideal sería facer unha pequena proba con esta técnica, levo tempo dándolle voltas a como facelo, da forma máís sinxela posible, anque só sexa para que proben a facelo elas e eles.
O que pasa é que non sei se dará tempo a todo... Imos ter que quedar en verán! jeje.