miércoles, 23 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Vimos de realizar a celebración das Letras Galegas 2012 na Escola de Larín.
Aínda non temos imaxes da estupenda representación que realizaronn simulando un programa mixto de radio, prensa e televisión.
Queriamos tamén dar as grazas por participar ás nais que nos leron o poema de Rosalía e felicitalas pola súa iniciativa. Aprobeitamos para animar ás demais familias a facelo noutras ocasións, que ó fin e ó cabo, estamos en familia!
Mentres tanto, aquí quedan algunhas das imaxes de parte do traballo que prepararon para este día, incluíndo as dúas xornadas de ensaio en Larín, xunto co alumnado de Rorís.


Preparando a selección das novas máis interesantes do ano
e os refráns traídos da casa.

 

 Preparamos a escola 
e traballamos cos materiais relacionados 
con Valentín Paz Andrade.



No hay comentarios: