martes, 20 de diciembre de 2011

PROXECTO O TEMPO: BUSCA DE INFORMACIÓN

Aquí deixo algunhas das fotos onde aparecen algunhas das fontes de información que empregamos para crear o noso Libro do Tempo.



Moitas grazas polos préstamos de vídeos e libros,  máis polas cantigas e poesías que compartíchedes con nós.

BELÉN DA LAGOA

Aquí vos deixo ás nenas e nenos da Lagoa, que mudaron o seu aspecto para desexarvos moita felicidade nestes días.

Premede sobre a imaxe!

miércoles, 14 de diciembre de 2011

INVITACIÓN E BO NADAL

Bo día familias, as nenas e nenos da escola queremos dicirvos algo...
Preme sobre a bola e a ver que pasa...






O TEMPO: TORMENTAS




Boas! 
Aquí deixo unhs enlaces de imáxes dalgúns tipos de tormentas que estivemos coñecendo na aula: de area, eléctricas, oceánicas e algún outro tipo.
Tamén deixo unhas presentacións onde se explica como se forman os furacáns. Espero que vos gusten!




martes, 13 de diciembre de 2011

FESTA NADAL

Este é o programa da festa de Nadal que se celebrará o vindeiro mércores 21 de decembro na escola de Rorís.
Ímolo pasar xenial.

Queremos convidarvos tamén, ás familias, a que participedes, cantando algunha panxoliña ou lendo algún texto.

Animádevos!!

POSTAIS DE NADAL DO COMERCIO DE ARTEIXO

Bo día! 
Xa queda moi pouco para o nadal!!
Queremos informarvos de que en breve poderedes recoller as postais que fixemos na tenda  LOBBY de Arteixo.

Lembrade que as postais serán cambiadas por alimentos non perecedeiros para repartir entre os veciños que máis o neceiste.
Esperamos que vos gusten!!





XOGO PALABRAS DE NADAL

Aquí deixo o enlace dun xogo de formar palabras empregando vocabulario de Nadal.

O TEMPO: EXPERIMENTOS COA AUGA

Seguimos a experimentar cos elementos do tempo, esta vez aprendemos, que a choiva, se forma por miles de pequenas pingas de auga que, ó xuntarse e formar pingas máis grandes, pesa e cae en forma de precipitacións.
Observamos as modificacións dos obxectos sumerxidos na auga.
Tamén reflexionamos a medidas de líquidos e nos decatamos de que pode haber a mesma auga, en recipientes totalemente distintos!




DECORACIÓN DE NADAL E POSTAIS

Estes días estivemos a realizar actividades plásticas de Nadal, fixemos folerpas de neve con papel, estrelas para a árbore que elaboramos con refugallo.
  Fixemos as postais de Nadal para a familia e para expoñer nos comercios de Arteixo empregando a técnica mixta de collage e debuxo
Tamén construímos unhas coroas, pero non se pode contar para que son...



múisica: Bach.

jueves, 1 de diciembre de 2011

O TEMPO: PLUVIÓMETRO

Hoxe realizamos dous pluviómetros para poder observar e medir as precipitación que caen na nosa escola.

O TEMPO: TIPOS DE PRECIPITACIÓNS

Aprendemos algunhas ideas sobre as diferentes formas ou estados que pode ter a auga.
Líquido, sólido como a neve ou o granizo e gasoso, en forma de vapor, como as nubes.


BIBLIOTECA DO TEMPO

 

Queremos darvos a grazas pola vosa participación, enviando contos, vídeos, refráns e cantigas. Aprendemos moito con eles!

lunes, 28 de noviembre de 2011

ANIVERSARIO DE AINARA 2011

Esta mañá celebramos o aniversario de Ainara. Trouxonos unha tarta boísima..
Parabéns Ainara!




domingo, 27 de noviembre de 2011

PROXECTO O TEMPO: NUBES

As nubes son sorprendentes, por iso crean tanto interese ó falar delas na aula. Coñecemos os seus tipos para averiguar que información nos da a súa forma.

Tamén deixamos o enlace de METEOGALICIA, que estamos a coonsultar na aula


http://www.meteogalicia.es/web/index.action

PROXECTO O TEMPO: CICLO DA AUGA


Proxecto O TEMPO

Como xa sabedes estamos comezando un proxecto que se chama O TEMPO. 
Comezamos por aprender algunhas cousas sobre o ciclo da auga para poder comprender mellor procesos como as nubes, a choiva, a neve ou o granizo.



Benvidas e benvidos

Benvidas e benvidos ó blog da Escola da Lagoa!