martes, 24 de enero de 2012

INFORMACIÓN TÍTERES

Bo día, este venres 27 de xaneiro ás 20.30,  no centro cívico de Arteixo representarase unha obra de títeres con moi boa pinta!


DEBUXOS E RECEITA SAÍDA ALIMENTACIÓN

Esta mañá estivemos lembrandonos da receita da pizza que fixeron onte no centro ocupacional. Agora non teñen excusa para preparárvola na casa!




SAÍDA ALIMENTACIÓN

Esta mañá realizamos unha visita, xunto coas escolas de Rorís e Larín e as súas mestras, Ana, Carmen e Ana Cruz,  ó centro ocupacional de Vilarroris, onde as cociñeiras e cociñeiro nos ensinaron como facer unha pizza.

Tamén nos explicaron a importancia de ter unha alimentación saudable facendo fincapé no almorzo de primeira hora da mañá.


Falamos dos ingredientes necesarios para a elaboración da pizza, da mozzarella de búfala, do tempo e a temperatura de cocción.

Pasámolo moi ben e traballamos moito. Agasaiáronnos cuns delantais e nos deixaron traer a nosa pizza para cocer e comer na casa.

Moitas grazas a todas as persoas que participaron, en especial a Mili e tamén ó noso conductor Manolo, que nos puxo todalas cancións que lle pedimos.

Premede na imaxe para ver a presentación e...
Bo proveito!

 

miércoles, 18 de enero de 2012

PROXECTO ARTE

Estamos coñecendo utra das etapas de Picasso, en este caso, a ETAPA CUBISTA.
Procuramos información e fixemos varias experiencias. Pasámolo moi ben!



 Seguimos a dar as grazas ás familias que continúan a enviarnos información e material de refugallo á escola para poder seguir aprendendo!

Por outra banda, esta máñá a Victor caeulle un dente de leite na escola. Esperamos que o Ratiño Perez se porte ben con el... e tamén contarvos que Ares estaba contentísimo porque conseguíu facer un puzzle de 80 pezas sen axuda e en moi pouco tempo!


NOVA SOBRE DELFÍNS

 O pasado domingo, a mestra atopouse cun grupo de delfíns bordeando o mar da Torre de Hécules, contouno na asamblea do luns e, este martes atopamos no xornal unha nova que nos chamou moito a atención e decidimos traballar sobre ela.

lunes, 16 de enero de 2012

PROXECTO ARTE

Durante a primeira asamblea deste segundo trimestre, fixéronse unha serie de propostas para o comezo dun novo proxecto. A proposta que máis interese espertou foi a Arte.

Ollamos moitas obras de diferentes autoras e autores e, finamente decidimos comezar por Picasso e, máis adiante, seguir con Hundertwasser.



Nestes días, estivemos investigando sobre a súa vida, cando e onde naceu e en que cidades viviu.



Agora, estamos a aprender as características das súas primeiras etapas, Azul e Rosa. 
Que cores empregaba, si eran fríos ou cálidos, que figuras debuxaba e por que.


Aproveitamos para darvos as grazas por ir enviándonos materiais para o noso recuncho de arte e material de refugallo para poder crear con el.






NOVO ANO e XOGUETES

Bo día a todalas familias. 
Queremos darvos a benvida a este novo ano 2012 e desexarvos que sexa un bo ano!

Durante estes primeiros días de escola estivemos traballando coas nenas e nenos algúns dos valores que transmiten os xoguetes, centrándonos especialmente na importancia da igualdade de xénero máis no feito de que case calquera obxecto pode servir para xogar con el.

Os xoguetes son simplemente materiais cos que poden xogar nenas e nenos.

Tamén estivemos traballando algo de vocabulario e co resultado, fixemos un mural.