miércoles, 21 de marzo de 2012

INICIO MULTIPLICACIÓN

Hoxe realizamos un sinxelo xogo de cartas para poder saber as tablas pregunten o número que nos pregunten! e, sobre todo, poder visualizar a operación que estamos a realizar.

PROXECTO CASAS: OS PRIMEIROS PLANOS

Estes días estannos a chegar os primeiro planos para ver na escola, o que máis nos sorprende é a cantidade de elementos que teñen e a cantidade de persoas que traballan para poder construír. Ademais de ver como se representa unha edificicación e as diferentes formas de vela, ou perspectivas que ten, tamén vemos que existen distintos tipos de planos para representar o sistema eléctrico, sistema de augas ou ventilación. Cada un presenta diferentes símbolos para representar por exemplo puntos de luz ou interruptores. Eses símbolos son iguais para todo o mundo para que se poidan entender. Tamén estivemos vendo, entre outras cousas, que na memoria do proxecto, se inclúen tódolos materiais que hai que mercar e o "presuposto" onde se anota a cantidade de material e o prezo que ten, para poder saber canto nos vai custa-la casa. Outra fonte de información que estivemos a traballar son as revistas e recortes de prensa que enviáchedes.
Grazas pola colaboración!

martes, 20 de marzo de 2012

INICIO MULTIPLICACIÓN

Esta mañá estivemos traballando que significa multiplicar co alumnado de primeiro, Laura, Emma e Víctor.
Polo de agora imos só co concepto e coas táboas do 0, o 1 e o 2. Parece que o van entendendo!

lunes, 19 de marzo de 2012

PROXECTO CASAS

Boas! primeiro felicitar a todolos pais por querer e coidar tanto das súas fillas e fillos, sobre todo por face-lo tan ben.
Segundo, contarvos que estamos a comezar un novo proxecto relacionado coa arquitectura. Despois da asamblea realizada a semana pasada para decidilo, prouxeron coñecer as casas tradicionais doutros países e tamén como eran as casas antigamente, especialmente onde nós vivimos pero tamén noutros lugares como a antiga Roma.
Para comezar, imos traballar un pouco as partes das casas, os materiais con que se realizan.
Hoxe estivemos pensando cales poderían ser as fontes de información para realizar o proxecto e anotamos algúns recursos que sería interesantes ver na clase como por exemplo: unha fotografía da súa casa, algún plano, recortes de revistas ou xornais onde se fale de arquitectura ou de construccións tradicionais. Elas e eles tamén propuxeron anotar algunha nova da radio ou televisión que poida resultar interesante.
Podedes mandar en papel ou quen queira, ó correo electrónico da escola.
Moitas grazas por adiantado!



martes, 13 de marzo de 2012

NOVAS INTERESANTES

Hoxe no xornal...
Unha das novas nos fala dos estragos que está a crear a seca deste ano e tamén, que este tempo tan estival fai que a xente tome o sol nas praias e nos ríos. Hai que lembrar que Ourense acadou a temperatura máxima de Europa!
Outra das informacións fala acerca do achádego dun posible mural pictórico de Leonardo Da Vinci baixo outro fresco en Florencia (Italia) feito por Vasari. Os historiadores levan uns 30 anos investigando despois de que botaran en falta unha das obras que estaban documentadas do autor. A primeira pista foi unha frase que aparecía no cadro : "cerca trova"  ("quen busca, atopa"). As técnicas que están empregando para analizalo son semellanres ás que se usan nas operacións quirúrxicas, mediante sonda endoscópica, unha microcámara que se introduxo por pequenos orificios da parede.

lunes, 12 de marzo de 2012

ANIVERSARIO VÍCTOR

O pasado venres foi o aniversario de Víctor. Comemos outro biscoito deses da súa casa que lles saen tan ben! Creo que todolos que poidéchedes ir á súa festa máis de Alex o pasáchedes moi ben!
Parabéns Victor!

 
música: The ting tings. The one.

BISCOITO PARA MERENDAR!

Esta mañá a avoa de Ares veu traernos un biscoito de agasaio para medendar. Estaba riquísimo e comemos máis da metade despois de ter comido xa parte das nosas merendas!
Moitas grazas!!

NOVAS INTERESANTES

No xornal de hoxe estivemos falar sobre algunhas novas interesantes que se repiten ó longo das últimas semanas: Incendios relacionados coa sequía, novas relacionadas coa actual situación de Xapón un ano despois do tsunami e da catástrofe nuclear. Tamén falamos dun fotógrafo premiado por fotografar a vida cotiá en Ourense.

APRENDEMOS A RESOLVER CONFLITOS

Esta mañá tivemos unha visita moi especial...chámase MONSTRO, e veu contarnos a súa historia. Monstro tiña problemas para comunicarse cun compañeiro aló na montaña e isto levaba a ambos a pasalo mal, non se comprendían ben e cada un deles cría sempre ter a razón. Despois da pelexa máis grave que tiveron, comprenderon que había que buscar unha solución para poder convivir, xa que se deran conta de que ter un amigo sería algo xenial! Monstro deunos un  consello: o máis importante era.... saber escoitar e saber falar.
Na nosa escola organizamos dous lugares de resolución de conflitos, un dentro e outro no patio para poder ir falar sempre que haxa algún mal entendido.

PROXECTO ARTE: DENTRO DOS MUSEOS

O outro día estivemos entrando nos museos virtuais que vos enlacei hai pouco para visitar as salas cheas de obras dende a escola. Foi divertidísimo!

viernes, 9 de marzo de 2012

CONTAMINACIÓN DA AUGA

Esta mañá vimos na revista semanal do xornal unha nova que nos causou moito interese, pois está moi relacionada co Proxecto do Tempo, máis coa visita que nos fixeron á escola para falarnos sobre a importanciá da auga. Estivemos reflexionando arredor da contaminación e o ciclo da auga e de como isto afecta ás persoas. Isto nos levou a falar das fontes de enerxía renovables (eólica, hidráulica ou solar) como unha alternativa á producción de electricidade nas centrais nucleares que son moito máis perigosas para os seres humanos.

EXPOSICIÓN GALERÍA SARGADELOS: DANIEL REMESEIRO

Boas! quería recomendar esta exposición do artista Daniel Remeseiro na Galería Sargadelos da Coruña (no 1º andar da tenda que se atopa na Rúa Real). Seguro que lles gusta!

A Exposición chámase "Parellas" e estará de luns a sábado (11 a 14 e de 17 a 20:30)

Tamén podedes consultar a súa obra na web:




PROXECTO ARTE: FOTOGRAFÍA

Algunhas fotografías artísticas que seguro vos gustarán!

CHEMA MADÓZ





BARI CARAMÉS


CASTEEL











PROXECTO ARTE: VÍDEO- ARTE

Que é iso do VÍDEO.ARTE?? deixo uns enlaces dalgunhas das súas múltiples modalidades para que poidades sabelo. Son preciosos e algúns moi divertidos!!

STOP MOTION















SLOW MOTION (Lento)










TILT ¬ SHIFT (Miniaturización)








TIME LAPSE








ANIMACIÓN 3D

PROXECTO ARTE: ARTE CONTEMPORÁNEA EN GALICIA

Deixo unha ligazón onde aparécen ordeados alfabéticamente artistas contemporáneos galegos e as súas obras máis destacadas.

PROXECTO ARTE: MULLERES ARTISTAS


Xa que ó longo da historia da arte a maior parte de artistas que coñecemos son masculinos, tanto pola dificultade das mulleres en acceder a eses estudos e profesións, como pola dificultade de atopar mecenas que pagaran as súas obras, aquí deixo un enlace dunha web na que podedes atopar obras plásticas de artistas actuais e tamén doutras épocas.


Se ides baixando na páxina, atoparedes unha sección como esta, onde aparecen as autoras e unhas iconas nas que entrar para entrar nas webs de cada unha delas e poder ver obras súas.


Tamén preparei unha breve presentación con algunhas das súas obras.
 
 
música: Patty Smith. Gloria.


DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES

O pasado xoves 8 de marzo foi o Día Internacional das Mulleres. Ó noso entender esta tarefa de visibilización é unha cuestión que se debe traballar no día a día, educando en e na igualdade, para ir ós poucos acadando un maior equilibrio social.
O  8 de marzo é un bo momento para pararnos e re-pensar algunhas das cousas que xa temos asumido como normais como por exemplo, que as mulleres e os homes teñan salarios distintos.  Hai que seguir traballando para que as nenas e nenos teñan as mesmas oportunidades na vida e, sobre todo, sexan consciendes delo. Contarlles cousas da súa história próxima para que vexan que o mundo vai cambiando grazas ós esforzos dos que estiveron antes.
Para isto, entre outras actividades, estivemos lendo unha nova do xornal sobre mulleres pioneiras da Coruña, mulleres que ocuparon as primeiras prazas femininas, tanto en cursar estudos, como en acadar postos de traballo que sempre foran ocupados por homes por estar vetados social ou legalmente  para elas.
 Aquí deixo unha ligazón ó resumo do artigo que falaba das primeiras mulleres bombeiras, enxeñeiras, arquitectas, alcaldesas, doutoras, informáticas, avogadas, policías ou mesmo as pioneiras nalgúns deportes masculinizados.



http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/03/02/homenaje-pioneras/0003_201203H2C9997.htm

Para coñecer outras pioneiras galegas, fai clic na seguinte imaxe!


Un vídeo sobre mulleres pioneiras en deporte:



Achego tamén un documental que me parece interesante, anque máis ben para as familias, sobre o traballo das mulleres galegas da idade das nosas avoas e o de agora.


  

jueves, 8 de marzo de 2012

ENTROIDO: MUSEO DA LAGOA. O baile!

Aí vai o Waka Waka dos e das artistas da Lagoa que non se amedrentan ante ningún reto!

miércoles, 7 de marzo de 2012

ENTROIDO: MUSEO DA LAGOA

Boas, anque cun pouco de retraso, deixo o vídeo da representación do museo que realizamos este Entroido 2012. Por cuestións técnicas, o baile tardará uns días en subir. Son uns artistas!


martes, 6 de marzo de 2012

CHARLA SOBRE O RÍO MANDEO


Esta mañá viñeron a visitarnos Verónica e Manuel , para explicarnos un traballo de sensibilización que están a facer dende a Deputación da Coruña. Contáronnos a historia dun merliño chamado Rieiro, que nos achegaba á vida do río e nos concienciaba da importancia da conservación do medio e, especialmente do ecosistema dos ríos. Tamén nos falaron dos diferentes usos da auga e de como intentar reducir a contaminación. Nós, entre outras moitas cousas, explicámoslles o que sabiamos da auga relacionadas co noso primeiro proxecto, sobre o tempo meteorolóxico. De onde viña a auga dos ríos e dos mares, cales eran os tipos de precipitacións que caían, a súa medición cos pluviómetros, como se formaban as nubes ou de onde viña o vapor e tamén, dunhas novas que estivemos a traballar estes días, a través do xornal relacionadas coa sequía e como nos afecta.



música: Yann Tiersen. Á quai.

Moitas grazas !

Deixo tamén as ligazóns para visitar a Páxina do Proxecto do Río Mandeo , máis algo de información sobre os merlos.
http://www.riomandeo.com/

http://gl.wikipedia.org/wiki/Merlo

ACTIVIDADES INTERESANTES

O Concello de Arteixo está a propoñer unha serie de actividades de teatro, formación de familias e exposición de pintura que poden resultar interesantes. Tendes toda a información na páxina do Concello de Arteixo que atoparedes sempre na columna de "Enlaces de interese" á dereita do blogue.



lunes, 5 de marzo de 2012

PROXECTO ARTE: ENTREVISTA "LA COLECCIÓN" FUNDACIÓN BARRIÉ

Aquí vos deixo unha entrevista que lle realizan ó comisario da selección de obras da exposición que fomos ver, explicando o por que da escolla destas obras.

PROXECTO ARTE: MUSEOS VIRTUAIS

Aquí deixo uns enlaces que conteñen visitas virtuais ós museos de España e de outros lugares de Europa. É impresionante! Premede sobre as imaxes para entrar nos enlaces.



viernes, 2 de marzo de 2012

ANIVERSARIO ALEX

Hoxe día 2 de marzo foi o aniversario de Alex, xa ten 4 anos!. Estaba moi contento porque xa levaba uns días desexando que chegara. Troxonos un biscoito riquísimo que nos contou Victor que o fixera el coa súa nai e nos explicou a receita. díxonos que levaba ovos, aceite, iogurt de limón, azucre e labras ou anaquiños de chocolate.

Parabéns Alex!!








 
música: Camera Obscura. Come back Margaret

CHARLA SOBRE HIXIENE

Esta mañá, veu visitarnos Lucía, unha mestra que traballa para o Concello de Arteixo e nos estivo a explicar a importancia que ten a hixiene dos nosos corpos para estar saudables. Ela tamén falou da necesidade de facer un uso responsable da auga evitando estragala.

Nós contámoslle que onte estivemos a ler unha nova no xornal que falaba da desertificación por mor da escaseza de auga que está habendo durante este inverno e das consecuencias que iso ten para o seres humanos.


 Podedes consulta-la nova no xonal no seguinte enlace:


FESTIVAL CONCERTOS IMAXINARIOS

Recomendación:

Están previstas tres actuacións musicais para o mes de marzo, concretamente para os sábados 3, 17 e 31 ás 18:30 h no Auditorio de Arteixo e Rubén Someso é o autor de dúas das obras que se interpretarán: Hänsel & Gretel e A Bela Durminte.

O festival comezará mañá, sábado 3, con Hänsel & Gretel, unha obra infantil de 35 minutos de duración, baseada no famoso conto popular dos Irmáns Grimm e composta para música de cámara por este arteixán natural de Loureda. O texto foi adaptado polo propio compositor, e a obra, rematada en xaneiro de 2011, foi interpretada polo Grupo Tactum Ensemble de Barcelona durante todo o ano 2011 sempre para audiencias infantís.



 INFORMACIÓN COMPETA:

 
 

jueves, 1 de marzo de 2012

SOLICITUDE DE PRAZA NA ESCOLA

Ábrese o período para solicitar praza na Escola da Lagoa.

NORMAS A TER EN CONTA:

1.- Presentarase unha única solicitude na que se farán constar outros centros por orde de prioridade

2.- Empregarase o modelo de solicitude ANEXO II solicitándoo no centro ou descargandoo desde AQUÍ

3.- O prazo de admisión será  desde o día 1 de marzo ata o día 10 de abril.

4.- Documentación necesaria:  Fotocopia do libro de familia ou copia do Dni do alumno/a

DOCUMENTOS:


Pódese recoller no centro o impreso da solicitude así como consultar as normas e criterios de selección.
Tamén se poden ler ou imprimir nas seguintes ligazóns:

ANEXO II                




A publicación das listas do alumnado admitido publicarase no taboleiro de anuncios da escola o día 30 de abril e posteriormente abrirase un período de reclamación durante os 5 días posteriores a tal publicación.

PROXECTO ARTE: CADROS PARA OS DISFRACES

Durante os pasados días estivemos coñecendo algunhas das obras dos dous pintores ós que lle prestamos máis atención durante este proxecto. Estivemos facendo de forma colectiva algunhas reproduccións e coñecendo o seu título, o seu estilo e a data na que foron realizados, para poder levalos posto no Entroido. Outra das misións era podervos explicar cada unha das obras durante a presentación que vos fixemos.
Aí van todos cos marcos que vós realizáchedes en familia!



música: Devendra Bandhart. Pensando en tí.

ENTROIDO: MANDADIÑO

Deixo aquí algunhas fotos dos "mandadiños" aínda quedan por engadir as do último día... Estaban xenial!

PROXECTO ARTE: NEVE ARTIFICIAL E CORES PRIMARIAS E SECUNDARIAS

Anque xa pasou un tempo dende o experiento que se ofreceu a explicarnos Víctor na clase, non queremos esquecernos del. Xuntando a idea do primeiro proxecto que traballamos sobre o Tempo Atmosférico, onde coñecemos que era a neve, realizamos unha práctica de facer neve artificial co material que teñen dentro os pañais, auga e sal.



Posteriomente engadísmoslle cores primarias e logo fixemos mesturas para conseguir as secundarias.
Parecían granizadas de sabores!

 

PROXECTO ARTE: MOSAICO E TEORÍA DAS XANELAS DE HUNDERTWASSER

No noso Museo preparamos unha sección na cal incluímos as xanelas que realizamos na clase.
Isto xurde dunha teoría que tíña o artista Hundertwasser que consideraba que cada persoa debería te-lo dereito de deseña-la ventá da súa casa até onde lle chegara o brazo.
Isto é unha forma moi especial de entende-la arquitectura e tamén a vida.
Para realizar as nosas xanelas, empregamos a técnica do mosaico, pois era así como Hundertwasser realizaba moitas das súas obras.