jueves, 26 de abril de 2012

LETRAS GALEGAS 2012


LETRAS GALEGAS 2012

O mércores 16 de maio, celebrarase na Escola de Larín o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado ó escritor Pontevedrés Valentín Paz Andrade. 
Concretaremos máis adiante o horario da festa.

 
Xa que este era un home moi vencellado ó mundo da pesca e o mar, queriamos solicitarvos que nos enviasedes algún REFRÁN relacionado con este tema e con outros oficios tradicionais, xa que son algúns dos referentes da súa obra. Se fose posible, durante vindeira semana para poder ir traballándoos na escola estes días.
Co gallo deste evento, queremos convidarvos a participar traendo algún poema para recitar durante a celebración.
Éstes poderán ser de Valentín Paz ou tamén de Rosalía de Castro, xa que se ven de celebrar hai uns meses o 175 aniversario do seu nacemento.
* En breve colgaremos algún enlace para que poidades atopar algún poema que vos interese.
E, se nos queda tempo...aínda nos animaremos a cantarlle unhas coplas!

Animádevos a participar  !

De seguido deixo algunhas das actividades e xogos online para o alumnado de infantil e primaria sobre Valentín Paz Andrade.





*  *  *






DÍA DO LIBRO


O pasado luns foi o Día do Libro, en conmemoración da data na que faleceron dous grandes escritores da nosa historia recente: Cervantes, escritor do Quixote e Gustavo Adolfo Becquer, poeta romántico.
Estivemos vendo unha curtametraxe de títeres sobre a obra de Don Quixote e Sancho Panza que podedes volver a visualizar aquí :



E tamén escoitando e representando con movementos e música algúns dos poemas de Becquer que nos chamaron moito a atención.



Logo gravamos unhas reflexións sobre o mundo dos libros.



viernes, 20 de abril de 2012

TAREFAS E OFICIOS EN MASCULINO E FEMININO

Aquí deixo un pequeno proxecto que xa realizaramos hai algún tempo para conmemorar o Día da Muller Traballadora, xunto cunha serie de actividades que relacionaramos co tema da Arte e con prensa. A idea, reflexionar ante o feito de que as tarefas do fogar deberían ser compartidas de  forma proporcional polos diferentes membros das familias segundo as súas posibilidades. Reflexionar sobre os motivos polos cales non poden tódalas persoas acceder ós mesmos postos de traballo e oficios e ver que existe unha grande variedade de oficios que, cando sexamos maiores poderemos chegar a  realizar.


 
música: Beirut -Elephant Gun

jueves, 19 de abril de 2012

CASAS DO MUNDO: TURQUÍA

Esta mañá, vendo o blogue, decatáronse de que onte incluín unha foto no meu perfil. Estivemos deliberando acerca de onde estaría realizada esa fotografía xa que parecía unha paisaxe xeada máis eu estaba en traxe de baño.
Finalmente lles contei que fora en Pamukkale, en Turquía, que é unha República.
Aí vai algunha información sobre este enorme país que ten como capital Akara, no sur e no norte unha das cidades máis importantes do mundo, Estambul ou Istanbul.
A lingua que máis se emprega é o turco.
Nesta preciosa cidade atópanse centos de mezquitas e é moi interesante estar alí nunha das 5 chamadas diarias á oración (ou adhan)que realiza o Iman dende minarete da mezquita o para as persoas de crenza musulmana xa que se escoitan todas a un tempo.


 Tamén é moi interesante pensar que este país pertence a 2 continentes, Europa e Asia, xa que o estreito do Bósforo, por onde pasan milleros de barcos, a divide.


Outro dos lugares máis interesantes de Turquía é a Capadocia, un conxunto de construccións excavadas na rocha por civilizacións antigas e que aínda seguen habitadas.


Hai máis información sobre as palabras que están destadadas. Premede sobre elas!! 

ASAMBLEA E NOVAS DOS XORNAIS

Onte, como cada mañá, preguntamos se alguén tivera escoitado algunha nova interesante nesa mañá ou no día anterior. Algún dixo que pasara algo relacionado coas escolas e eu pregunteilles si sería o tema dos recortes destinados a educación. Víctor e algún outro dixeron que sí lles soaba e como sempre, explicamos de que se trataba.
Puxémonos a pensar como afectarían eses cambios si finalmente se levan a cabo na nosa Comunidade Autónoma. Estivemonos imaxinando esta escola con máis do doble do alumnado e, de aí xurdiron moitas cousas. A continuación comezaron a propoñer que había que facer algo. Houbo quen propuxo manifestarse, quen quería ir a Madrid andando, falar co Presidente do Goberno ou escribirlle. Tamén xurdíu a idea de dicilo na televisión. Eu tentei intermediar e menos posible neste debate a ver que ocurría e como tamén xurdiron outro tipo de promostas menos pacíficas, falamos de que a idea nunca é ofender ou atacar ás persoas senon comunicar os nosos intereses ou decisións. Estaban moi emocionado e eu tamén.
Entre todas e todas ocurríusenos que unha idea máis factible sería facer un cartel e colgalo fóra da nosa escola para informar á xente que pasa por aquí, sempre e cando todas e todos estivesemos de acordo.


Esta mañá, vendo o xornal, observamos que non estaban as noticias dos recortes, e o certo é que tampouco no de onte. Falamos do curioso da situación e algunha mencionou o feito de que debería estar na portada xa que é a sección máis importante. Isto nos deu pe a falar un pouco máis da estructura dos xornais.



miércoles, 18 de abril de 2012

ARTE, ARQUITECTURA E MOITAS CULTURAS!

Xa que tanto interese lle causou ás nenas e nenos a viaxe que fixo a súa mestra a París e tan relacionada está cos diferentes proxectos que estivemos e estamos a traballar, realicei unha presentación coas fotos que fixen para explicarque algunhas das cousas que vin por alí e que lles trouxen para amosar. Preguntádelles, recoñecen moitas cousas sin ver o texto!


 
música: Manu Chao. Le vent nous portera.

CONCERTO DIDÁCTICO: ACTUACIÓNS

Aquí deixo un vídeo con algunhas das pezas musicais que nos tocaron no concerto. Procurei escoller temas nos que foran aparecendo tódolos instrumentos.
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas sobre as características dos instrumentos. Lembrádesvos como se chaman? Cal é de corda? Cal é de vento? Cal é de percusión?

martes, 17 de abril de 2012

RECORTES NO ENSINO PÚBLICO

A escola pública e de calidade perde a pasos axigantados. As medidas anunciadas polo goberno fan que as clases sexan máis numerosas, os recursos sexan menos e a atención ó alumnado do ensino público sexa menos individualizada. O aumento de horas lectivas do profesorado acarrea que o profesorado estea menos especializado e preparado na súa materia xa que terá que impartir, en moitos casos, materias que non domina.

Isto tamén contribuirá a que o tipo de metodoloxía activa, participativa e experiencial, unha aprendizaxe dinámica e cooperativa sexa máis difícil de levar á práctica pola masificación dos grupos e dos espazos. Tamén hai que ter en conta que tódalas horas que leva ir planificando e reaxustando este tipo de intervención baseada nos intereses do alumnado e o traballo na súa zona de desenvolvemento próximo se faga inviable. Non sei se sabe o ministro que isto se ten que facer fóra do horario de traballo (ou non facer, que tamén é outra opción).

Voltaremos atrás, á aprendizaxe estandarizada e impersoal que discrimina a todo aquel alumnado que non se adapte a ela e o deixa fora do sistema, aumentando as taxas do fracaso escolar.

E, cos recortes, volverán os peches das escolas rurais, especialmete estas unitarias cheas de oportunidades para aprender e xogar coa pedagoxía, xunto coa limitación do profesorado especialista que xa estamos a sufrir.  Veremos tamén o aumento de desigualdades entre as nenas e nenos con familias que poidan pagar certos servizos e as que non.

Tamén é importante lembrar, que como en outros moitos casos, estase a apoiar o gasto grubernamental na subvención das escolas privadas-concertadas a través enganosas modificacións da lexislación educativa, permitindo que novos ciclos educativos poidan ser subvencionados. Aumenta anualmente o presuposto á escola privada en detrimento do gasto da educación de tod@s e para tod@s. Isto é, unha privatización encuberta.

E aínda temos que escoitar por boca do ministro que isto non afecta na calidade do ensino!

Existen moitos outros gastos neste estado español que ben se poderían recortar antes de chegarmos a isto.
Así nos vai...

É indignante que pensemos que un país vaia avanzar con medidas que incapacitan os cidadáns e cidadás presentes e futuros.

Non se trata de preparar ás persoas, ás nosas nenas e nenos,  para o futuro, senon para mellorar o futuro.

Noa.

Máis info:

http://praza.com/economia/661/os-sindicatos-ven-nos-recortes-no-ensino-un-ataque-frontal-que-instaura-o-copago/
 http://elpais.com/elpais/2012/04/17/opinion/1334688106_508914.html
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/04/16/actualidad/1334605581_317115.html
http://elpais.com/elpais/2012/04/17/opinion/1334687969_842815.html
 http://www.stegsindicato.org/ampliar.asp?id=17.
http://www.stegsindicato.org/ampliar.asp?id=1777

PROXECTO CASAS: ALIMENTOS E DEPORTES EN CHINA

Durante estes días estivemos a falar e a probar algúns dos alimentos que empregan na cociña china. Cheiramos diferentes tipos de tes, explicamos de onde procedían e como se preparaban, manipulamos arroz e vimos arrozais. Tamén probamos uns chips feitos de arroz que lles gustaron moito e tamén probamos a salsa de soia coa que se condimentan as comidas.
Estivemos tamén probando a empregar pauiños para comero. Iso sí que foi complicado!


 Hoxe na clase de psicomotricidade practicamos un pouco de Tai -Chi e tamén unhas posturas de Kung- Fu, despois de termos representado algíuns dos animais no continente asiático.

PROXECTO CASAS: AS CASAS E CULTURAS DO MUNDO

Para comezar a segunda parte do proxecto no cal puideran comparar as súas vivendas coas vivendas doutras culturas, decidimos empezar por China, xa que á volta das vacacións Adrián Lema trouxo unha maqueta dunha casa tradicional china, que se chama Pagoda.
A partires de aí, estamos a investigar moitas cousas dese país: alimentación, música, instrumentos,  teatro de sombras, idioma, escritura, deporte e animais.
Hoxe, desopois de termos aprendido algo sobre a división política do mundo, países e continentes, tamén decidimos en asamblea que nos interesaría coñecer que animais viven en cada lugar. Hai na escola un atlas moi interesante sobre este tema.
Moitas grazas a todas as familias pola colaboración á hora de enviar materiais!

PROXECTO CASAS: AS NOSAS VIVENDAS

Temos a escola chea de casas! Moitas grazas a tódalas familias por colaborar na realización dos planos e as fachadas das vosas casas. A verdade é que quedaron moi ben e o máis importante, o obxectivo desta actividade, que comprenderan que as vistas e planos son representacións da realidade.
Ademais as exposicións dos traballos resultaron moi interesantes e lles gusta moito ensinarllelas ás compañeiras e compañeiros.


música: Kings of Convenience. I´d rather dance with you.

ANIVERSARIO DE VALERIA

O pasado venres celebramos o aniversario de Valeria na escola e nos contou que o domingo fixeran unha boa festa... Parabéns!

música: Bishop Allen. Rain.




lunes, 16 de abril de 2012

SAÍDA Á BIBLIOTECA DE ARTEIXO E CONCERTO DIDÁCTICO

Antes das vacacións de Semana Santa visitamos a biblioteca municipal de Arteixo. De camiño, pasamos polas casas de moitas nenas e nenos da escola. Estivemos nunha sesión de contacontos na que nos fixeron unha adaptación do conto de Pinocho, nos contaron a historia dunha sapa motorista e tamén dun veleiro afundido.
Despois asistimos a un concerto didáctico ofrecido por unha parella de músicos que nos ensinaron moitas cousas sobre a música tradicional galega e varios dos seus instrumentos: o acordeón, a gaita, o tamboril e un dos instrumentos de corda máis antigos, a zanfona.

 
 música: Kepa Junkera. Bok Spok

DENTE DE VALERIA

A semana pasada a Valeria lle caeu un dente. Logo contounos que o ratiño Pérez lle trouxo un puzzle moi moderno!

viernes, 13 de abril de 2012

ANIVERSARIO DANIEL

Boas vindas a todas as nenas e nenos á escola despois destas breves vacacións.
Antes de marchar tivemos a Daniel de aniversario, cumplíu 6 anos, e aínda non puxeramos as fotos.
Aí van!
música: Bishop Allen. Oklahoma.