miércoles, 15 de febrero de 2012

PROXECTO ARTE: ARQUITECTURA

Queremos compartir con vós algunha información do artista e ecoloxísta Hundertwasser, do que supoño que teredes oído falar últimamente.

Comparto o enlace da wikipedia, tal e como nós envíou Amparo, a nai de Raúl e Emma

http://es.wikipedia.org/wiki/Friedensreich_Hundertwasser

Tamén a páxina web oficial, anque está en inglés ten fotografías

http://www.hundertwasser.com/oeuvre

 Tamén unha presentación con imaxes das súas pinturas


Como era arquitecto, deixovos un link que estivemos vendo na clase con imaxes de algúns dos edificios máis extranos construídos dentro dos que se atopa unha obra de Hundertwasser que se chama "Casa en Espiral" xunto cunha presentación de arquitectura do artista.

FESTA ENTROIDO A LAGOA

Boas familias!  como sabedes, o Museo da Lagoa abre as súas portas este venres ás 11.30 da mañá e que vós podedes vir un pouco antes.
As e os artistas da Lagoa, chegarán ás 9.30, media hora máis tarde do habitual. Os artistas das outras escolas, ás 10.
Xa está todo listo, temos as boinas e os cadros preparados!
Felicidades polo bo  traballo cos marcos e co mandadiño.

Lembramosvos que o luns, martes e mércores, tal e como indica o calendario escolar, non haberá clase, voltamos o xoves. 

Vémonos o venres!


martes, 14 de febrero de 2012

PROXECTO ARTE: FUNDACIÓN BARRIÉ DE LA MAZA

Bo día, aí van as fotografías da saída ó museo. Pasárono xenial!.
A súa calidade non é moi boa, xa que na Fundación non está permitido empregar flash, para que a luz non estropee as obras.


 
música: Björk. Venus as a boy.

viernes, 10 de febrero de 2012

MANDADIÑO e EXPOSICIÓN E OBRADOIRO DE ARTE

ENTROIDO

Bo día familias!
Como comeza o Entroido, comezamos  “O mandadiño”. Isto consiste en que cada día da semana, as nenas e nenos da Lagoa, xunto coa mestra, temos a obriga de traer á escola un mandado determinado.   Sendo así, :

LUNS: Algo pintado na cara
MARTES: Algo na cabeza : gorro, coroa, diadema, flores...
MÉCORES: Algo no pescozo: colares, flores, fulares...
XOVES: vestidos, saias...
VENRES: “DISFRAZ DE ENTROIDO” --> roupa escura  (excepto Picasso, Hundertwasser e guía)

Levan os CADROS para poñerlle-lo marco. Lembrade algo vistoso, decorativo e non moi aparatoso; preferiblemente algo flexible xa que logo terán que poñelo por diante. (tipo blonda, papel pinocho, tela). Podedes pegalo con cinta por detrás ou grapar, por exemplo.

Esperamos poder ter os cadros de volta na escola antes do martes ou mércores para poder seguír traballando con eles.

Como sempre, confiamos na vosa creatividade!!
Boa fin de semana!

Por certo pasámolo xenial na exposición e obradoiro. Esperamos poder te-las fotos luns ou martes. Mentres tanto, un adianto...

E que vos conten o que aprenderon!

miércoles, 8 de febrero de 2012

PICASSO EN ACCIÓN

Aquí deixo un vídeo de Picasso en plena acción realizando algunhas pinturas!

martes, 7 de febrero de 2012

VERSIÓNS DE CADROS

Estes días estivemos aprendendo acerca da idea de que as artistas e os artistas se inflúen uns ós outros e incluso chegan a facer versións de outras obras de arte que lles parecen interesantes.

Coñecemos un pouco de VELÁZQUEZ e da súa obra máis relevante, "As Meninas"  tamén chamada "A familia de Felipe IV". Este é un cadro Barroco  de 1656 que actualmente se atopa no Museo do Prado de Madrid.



Comezamos a traballar este cadro xa que PICASSO, grande admirador de Velázquez realiza varias versións das Meninas.


 Tamén coñecemos a outros autores, de Arte Pop que farán diferentes versións desta obra.
ANTONIO DE FELIPE, que pinta "In-Fanta de laranxa" "In-Fanta de limón"

 
  
Ou ANTONIO VALDÉS que pinta "Margarita de Austria"



En breve teredes novas das nosas versións das Meninas!

ANTONI TÁPIES

Hoxe lemos no xornal que faleceu un dos artistas cataláns máis interesantes do noso país, Antoni Tapies, aquí deixamos unha pequena mostra da súa obra e da súa biografía.





jueves, 2 de febrero de 2012

RETRATOS - COLLAGE

Boas! como xa poidéchedes ver moitas e moitos de vós nas fiestras da escola, onde temos unha mostra de retratos, estivemos aprendendo, a través de Picasso o que é un collage.
Ocorréusenos facelo de estilo cubista empregando diferentes materiais, formas xeométricas e moitas cores e combinando as diferentes perspectivas que estivemos traballando anteriormente. Este é o resultado.


 
música: Moloko. Indigo

ANIVERSARIO DE ARES

Hoxe xoves día 2 de febreiro Ares cumple 4 anos. Convidounos na escola a unha tarta preciosa que estaba feita de golosinas. Estivo toda a mañá contentísimo.

Parabéns Ares!


 
música: Muchachito Bombo Infierno. Que mala suerte la mía.

PROXECTO ARTE

Como xa vos contaramos, estivemos aprendendo moitas cousas acerca das cores, como por exemplo que se poden clasificar en primarias e secundarias ou os diferentes formatos que se empregan para pintar, como témperas, acuarelas, óleo ou cores pastel. Tamén realizamos un sinxelo experimento de mestura de pigmentos.


Este é un cadro dunha das fillas de Picasso, Maya, que pintamos como obra colectiva, empregando cores primarias e secundarias. Disto xa tiñades un pequeno adianto, pero aí vai o resultado...


Tamén aproveitamos para darlle de novo as grazas a Adrián Lema e a súa nai Mónica que compartiron connosco unha tarta de queixo que elaboraron na casa. Estaba boísima!