Estes días estivemos aprendendo acerca da idea de que as artistas e os artistas se inflúen uns ós outros e incluso chegan a facer versións de outras obras de arte que lles parecen interesantes.
Coñecemos un pouco de VELÁZQUEZ e da súa obra máis relevante, "As Meninas" tamén chamada "A familia de Felipe IV". Este é un cadro Barroco de 1656 que actualmente se atopa no Museo do Prado de Madrid.
Comezamos a traballar este cadro xa que PICASSO, grande admirador de Velázquez realiza varias versións das Meninas.
Tamén coñecemos a outros autores, de Arte Pop que farán diferentes versións desta obra.
ANTONIO DE FELIPE, que pinta "In-Fanta de laranxa" "In-Fanta de limón"
Ou ANTONIO VALDÉS que pinta "Margarita de Austria"
2 comentarios:
Algunha que outra vez acordoume de levar a Emma e Raúl a un museo pero pensaba que todavía non estaban preparados para entender o saber apreciar algo unha visita coma esa.
Agora sei que xa están preparados así que non teño escusa para non culturizarnos un pouquiño e disfrutar da arte en familia. Xenial!!
Sí que están preparados, sí, teñen motísimo interese. A pasalo ben e aprender moito!
Publicar un comentario