O 8 de marzo é un bo momento para pararnos e re-pensar algunhas das cousas que xa temos asumido como normais como por exemplo, que as mulleres e os homes teñan salarios distintos. Hai que seguir traballando para que as nenas e nenos teñan as mesmas oportunidades na vida e, sobre todo, sexan consciendes delo. Contarlles cousas da súa história próxima para que vexan que o mundo vai cambiando grazas ós esforzos dos que estiveron antes.
Para isto, entre outras actividades, estivemos lendo unha nova do xornal sobre mulleres pioneiras da Coruña, mulleres que ocuparon as primeiras prazas femininas, tanto en cursar estudos, como en acadar postos de traballo que sempre foran ocupados por homes por estar vetados social ou legalmente para elas.
Aquí deixo unha ligazón ó resumo do artigo que falaba das primeiras mulleres bombeiras, enxeñeiras, arquitectas, alcaldesas, doutoras, informáticas, avogadas, policías ou mesmo as pioneiras nalgúns deportes masculinizados.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/03/02/homenaje-pioneras/0003_201203H2C9997.htm
Para coñecer outras pioneiras galegas, fai clic na seguinte imaxe!
Un vídeo sobre mulleres pioneiras en deporte:
Achego tamén un documental que me parece interesante, anque máis ben para as familias, sobre o traballo das mulleres galegas da idade das nosas avoas e o de agora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario