Como xa sabedes temos mestra nova de inglés; chámase Elena e é de Boiro, parece moi simpática.
Como tamén nos lembramos moito da teacher Ana, que escordou un pe o día da festa das Letras Galegas, en Larín, decidimos chamala e animala. Esperamos que se recupere pronto!
2 comentarios:
A nova teacher pédidelle que vos recomende algunha praia de Boiro, e que vos fale de San Ramón. Eu peregrinei ( en coche) embarazada de Emma e tamén embarazada de Raúl para pedirlle ó San Ramón un bo parto. E, por certo, todo saíu ben, je, je.
Acabamos de ler o comentario con Elena e di que sí, que hai moitas praias boas e tranquilas. O que non sabiamos moi ben era que axudaba a que saíran tan ben os partos e, polo visto, os fillos!
Publicar un comentario