Este é un vídeo no que se explican algúns tipos de construccións.
Como a textura que ten o cartón semella barro íamos deixalas así, máis
finalmente decidimos pintalas de cores, pois vimos unhas imaxes de
outras tribos africanas que decoraban as súas casas con formas
xeométricas ou ben, con cores.
Mentres pintabamos escoitamos algúns dos artistas musicais máis interesantes do continente africano, como Ismael Lo, Salif Keita ou Batuko Tabanka, un grupo de mulleres de Cabo Verde afincadas dende hai bastantes anos en Burela, mulleres de mariñeiros e que nos lembran tanto ás cantareiras galegas.
1 comentario:
Ola,son Raúl. Gustoume moito o video do león. E tamén as fotos da inundación.
Publicar un comentario