viernes, 1 de junio de 2012

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO EN PRIMARIA

Vense de publicar a orde na que se regula a información sobre as axudas para a adquisición de libros de texto para alumnado de primaria (non hai para infantil) para o vindeiro curso 2012-2013. Podedes acceder á información online premendo na imaxe ou ben, pedila no centro onde logo tamén entregaredes a solicitude.


PRAZO: do 1 ao 30 de xuño de 2011
REQUISITOS:
·        Alumnado de primaria
·        Renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €.
DOCUMENTACIÓN a adxuntar coa SOLICITUDE (Anexo I)  (Orixinal e Copia) :
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2010, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2010:
  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.
- - -
(Orde do 13 de maio de 2011, DOG nº 104, 31 de maio de 2011, para 1º,2º,5º e 6º de Ed. Primaria)
(Orde do 16 de maio de 2011, DOG nº 104, 31 de maio de 2011, para 3º e 4º de Ed. Primaria)




1 comentario:

mamá Emma e Raúl dijo...

Esta información veume de perlas. Aínda en non mirara nada e vexo que me aforraches traballo, je,je. De todas formas, só mirei por encima, creo que todo ven sendo como o ano pasado.