miércoles, 27 de junio de 2012

CAMBIO DE TELLADO

Boas! sei que inda temos bastantes fotos pendentes por colgar no blogue, pero pensei que esta era unha das importantes, polo que a vou adiantando. Despois do Consello escolar de onte, esta mañá a primeira hora viñeron revisar unha fuga de auga dun cuarto de baño máis xa comezaron a cambiar o tellado. Ó final, en lugar de sellalo con espuma, decidiron cambialo por un de madeira, que parece moito mellor. Nun par de días estará rematado.
Agradecémoslle moito ó Concello que nos axude a mellorar a escola!


1 comentario:

mamá Emma e Raúl dijo...

Nunca é tarde se a "noticia" é boa. A ver se, pasiño a pasiño, imos vendo atendidas as peticións para mellorar a escola e o seu entorno.