jueves, 7 de junio de 2012

NON HAI MAL QUE POR BEN NON VEÑA

Boas familias! esta mañá volveu vir outro fontaneiro do Concello a arranxar os baños. Cambiounos o pulsador da cisterna e finalmente o Concello de Arteixo, aproveitamos para volverlle a pedir as billas da auga para que o alumnado as puidera abrir de forma autónoma, xa que co pulsador eran incapaces, sobre todo os pequenos. En principio ía ser só a do baño pequeno pero finalmente, nos cambiaron as dúas. Estamos moi agradecidos! Quedaron pendentes tamén de enviar un operario que revise a fosa na que desauga a escola.


1 comentario:

mamá Emma e Raúl dijo...

De esta vez foron rápidos i eficientes. A ver se o collen por costume....