jueves, 7 de junio de 2012

O PREZO XUSTO

Habitualmente na escola tratamos de incorporar na xornada cotiá cuestións relacionadas co prezo das cousas, a través do que contan na asamblea, da prensa, catálogos ou materiais que se mercan para a escola, por exemplo. Tamén se tenta facer fincapé en que moitos dos servizos, como as escolas ou os médicos, as pagan as familias, a través dos impostos, cunha parte dos cartos do seu traballo e é por iso que hai que respetalos e aproveitalos ben.
Aquí deixo unhas fotos de varias experiencias a modo de exemplo que foron xurdindo.

- Cando Adrián volveu de Suiza trouxonos, ademais de moedas de chocolate, prodúcto típico e de moitas palabras en francés, trouxonos francos suizos en moeda e billete e estivemos traballando con eles. 
Outro día Víctor tamén nos trouxo a colección de moedas que ten de diferentes países.


- O outro día Daniel atopou na escola 5€. Decidimos preguntarlle a Andrea, a limpadora, si eran seus, ó cal nos contestou que non e aínda que puidesen ser, nolos daría igualmente.
Logo planificamos que poderiamos mercar con 5€: golosinas, xelados, cartas de invícimals, puzzles para a escola, libros...había diversas opción, incluso algunha moi interesante como gardalos para arranxar o tellado do patio ou mercar un cocho.
Fomos descartando aquelas que fosen inviables por non seren para todo o grupo ou por prezo.
Tras decidir que a mellor opción serían patacas ó xamón e xelado para compartir, fixemos unha gráfica, cunha votación para seleccionar sabores.
E hoxe, que veu Elena decidimos facer a degustación! Mañá faremos as contas pero nos achegamos bastante ó prezo xusto!


 Gañaron a nata e a fresa!




1 comentario:

mamá Emma e Raúl dijo...

A larpeiros non hai quen vos gañe!!!